Proxecto

Aulas con Memoria é un proxecto da ARMH que nace da necesidade de contar a historia silenciada do noso país.

En 2022, un grupo de expertos en historia, filoloxía, socioloxía, didáctica e pedagoxía, xunto con arquiveiros, deciden colaborar para crear materiais didácticos, situacións de aprendizaxe e proxectos interdisciplinares que poidan ser empregados na aula.

Dende setembro de 2023, estes recursos dixitais están dispoñibles en www.aulasconmemoria.com. O proxecto atópase nunha fase inicial e actualízase regularmente con novos recursos e materiais: subscríbete para recibir novas sobre recentes publicacións.

Campo de concentración de San Marcos, na actualidade Parador Nacional de León. Os voluntarios escriben os nomes das vítimas da cadea  no campo de concentración, 2015. Fonte: OR ARMH